RECEITAS DE OUTONO 2º

https://plus.google.com/116210991867648899456/posts/Vrn37xeU9Ka?pid=6219316268537426866&oid=116210991867648899456 
E velaquí tedes tódalas receitas que aportáchedes. Moitas grazas ás familias por colaborar, axudando aos nenos e nenas a buscar, seleccionar, escribir... e algúns e algunhas, mesmo facer as receitas. Moitas grazas tamén por convidarnos a tan saborosos doces. Estaban todos boísimos. Non quedou nin unha migalla.

AVISO VACACIÓNS DE VERÁN

Como estes últimos días de curso as nais e pais me estades preguntando sobre se mandaremos traballo para vacacións en primeiro, aquí deixo en primeiro lugar unhas recomendacións para o verán. Máis abaixo tamén deixo materiais imprimibles para que teñades á man os interesados e interesadas, especialmente de linguas e matemáticas.

Quero puntualizar que NON É UN TRABALLO OBRIGATORIO. Son diversos materiais que poderían servir para repasar e reforzar algunhas das aprendizaxes do curso. Podedes seleccionar o máis axeitado para cada neno ou nena, non se trata de facer todo, xa que o material é moi extenso. 
As vacacións son para descansar e desfrutar. 
                                       
                                                                                             BO VERÁN!!

RECOMENDACIÓNS PARA VERÁN 1º

https://www.dropbox.com/s/l6qp4fcp358xzmn/TRABALLO%20VACACI%C3%93NS%20VER%C3%81N%20PRIMEIRO.pdf?dl=0

REFORZO ESCRITURA

https://www.dropbox.com/s/7rseb5zoowt7scc/escritura%20primeiro%20santllana.pdf?dl=0
E por se alguén necesita mellorar a esritura aquí deixo unhas fichas imprimibles e secuenciadas letra a letra.

QUE É UNHA AURORA BOREAL?

Aínda non sabemos exactamente como se produce, pero si que se pode ver no Polo Norte e nos seus arredores. No que todos estivemos de acordo é no feito de que é un fenómeno moi fermoso. Investigando pola rede, as imaxes que máis nos gustaron foron estas.



Eclipse solar


EN PRIMEIRO TODOS GAÑADORES

E velaquí o noso merecido diploma. Aso profes que fixeron de xurado fóilles imposible poñerse de acordo en primeiro,dada a alta participación e o elevado nivel nos disfraces.Hóuboos moi traballados e tamén disfraces sinxelos pero que partiron dunha idea moi orixinal. Por este motivo a decisión final do xurado foi a seguinte: TODOS GAÑADORES.

DESEXOS DE PAZ